| VEGA |
Nota de prensa · 13.11.2026 |
|
| ES · CAT · EUS · GAL · EN |
|
| Esta nota tamén fala a túa lingua: todas as linguas son casa. |
|
|
|
| Foto: Noemí Elías |
|
Novo single
Venres 13 de novembro
Xa soa "L'appel du vide".
O primeiro adianto do novo álbum de Vega chega co seu videoclip.
|
|
«L'appel du vide» xa está dispoñible en todas as plataformas. Producida por Ricky Falkner e editada por La Madriguera Records e Mushroom Pillow, é a primeira canción que Vega comparte do seu próximo disco, cuxo título, portada e preventa coñeceremos a próxima semana.
|
Portada · L'appel du vide
|
|
|
Canción e videoclip · Estrea hoxe
Un corazón que se desboca
«L'appel du vide» é un canto en forma de fuga que medra ata o clímax, sostido por un beat creado a partir do latexo do corazón de Vega. O seu título, «a chamada do baleiro» en francés, nomea ese impulso fugaz de saltar que moitas persoas senten ao asomarse a un lugar alto: un pensamento que, paradoxalmente, reafirma as ganas de vivir.
O videoclip, dirixido e realizado por Ezequiel González (FrameHopper), parte dun guión da propia Vega, que, como nos seus traballos anteriores, se encarga tamén da narrativa visual da súa música. Ancorado no amor, eixe central do seu próximo álbum, conta unha historia que deixa un misterio por resolver: é un final ou é un principio?
«Despois de todo, un final pode ser o mellor dos principios.» VEGA · IGNIS (2024)
|
|
A produción · L'appel du vide
Ricky Falkner, de novo aos mandos
Despois de IGNIS, Vega volve poñerse en mans de Ricky Falkner, que asina a produción do seu novo álbum. «L'appel du vide» gravouse en La Casa Murada con Xavi Mole, Dani Ferrer, Víctor Valiente e David Soler, e a gravación e a mestura correron a cargo de Jordi Mora.
|
«Ter un disco onde figura e habita Ricky Falkner como produtor e arranxista é sinónimo de moitas cousas: de risco, de beleza e de cancións que chegan máis lonxe do que imaxinaches.» VEGA |
|
|
Créditos · L'appel du vide
Vega · Autora, compositora e arranxista. Voz, coros, latexo de corazón procesado en loop/beat e sinte.
Ricky Falkner · Produción. Baixo, acústica, percusión, teclados, programación e edición.
Xavi Mole · Baterías.
Dani Ferrer · Pianos e teclados.
Víctor Valiente · Guitarras eléctricas.
David Soler · Pedal steel.
Jordi Mora · Gravación e mestura. Víctor García · Mastering.
Estudios: La Casa Murada, La Madriguera Studio, Del Suono Moretti e Ultramarinos Mastering. Selos: La Madriguera Records e Mushroom Pillow. Editorial: La Madriguera Records Ed. Dirección de arte: Vega. Fotografía: Noemí Elías. Deseño gráfico: Patricia Bonetto. Lettering: Alberto Brandon.
Créditos videoclip · L'appel du vide
Ezequiel González (FrameHopper) · Dirección e realización.
Vega · Guión e estilismo.
Ramón Alonso e Cris Padín · Produción.
Alberto Brandon · Lettering.
|
|
|
Xira de presentación 2027
Todos os concertos xa á venda
En 2027, Vega sae de xira para presentar en directo o seu novo álbum e celebrar 25 anos de carreira sobre os escenarios. Unha xira inicial por trece cidades á que se irán sumando novas datas. Todas as entradas xa están á venda en vegaoficial.com.
|
|
|
|
|
Contacto · Sala de prensa en vegaoficial.com
|
|
|
|
Vega nas redes
|
|