| VEGA |
Nota de prensa · 17.11.2026 |
|
| ES · CAT · EUS · GAL · EN |
|
| Esta nota tamén fala o teu idioma: todas as linguas son casa. |
|
|
|
| Foto: Noemí Elías |
|
Novo álbum
7 de febreiro de 2027
O novo disco de Vega chámase SIE7E.
Desde hoxe, en prevenda asinada nos seus dous formatos físicos.
|
|
Vega publicará SIE7E, o seu novo álbum, o 7 de febreiro de 2027. Producido por Ricky Falkner e editado por La Madriguera Records e Mushroom Pillow, xa ten título, portada e prevenda.
|
Portada · SIE7E
|
|
|
Primeiro single · Xa dispoñible
«L'appel du vide»
O pasado 13 de novembro estreouse «L'appel du vide», o primeiro adianto de SIE7E, xunto ao seu videoclip, dirixido e realizado por Ezequiel González (FrameHopper) a partir dun guión da propia Vega.
|
|
Prevenda · Desde hoxe
Dúas edicións asinadas, limitadas e numeradas
Desde hoxe, SIE7E pode reservarse nos seus dous formatos físicos, asinados por Vega e en edición limitada e numerada.
| |
Trifold Vinyl Book
Vinilo de 180 g en verde botella (Swamp Green), presentado nun tríptico de lombo ancho con acabado de verniz mate e gloss UV. Inclúe dous libretos con máis de 76 páxinas escritas por Vega: fotografías inéditas, créditos por canción, biografías e as letras das nove cancións en castelán, ademais das súas catro adaptacións ao catalán, ao éuscaro batua, ao galego e ao inglés: Set, Zazpi, Sete e Seven.
|
| |
Trifold Double CD
Dobre CD que inclúe SIE7E (CD 1) e Las 17 llaves de SIE7E (CD 2), co proceso de composición do álbum desde a idea xerme ata a maqueta que recibiu Ricky Falkner. Preséntase nun tríptico despregable cun libreto de 40 páxinas que recolle as letras orixinais en castelán e fotografías exclusivas.
|
|
|
Xira SIE7E · 2027
As entradas xa están á venda
A Xira SIE7E percorrerá trece cidades en 2027 para presentar o disco en directo, e irán sumándose novas datas.
|
|
|
Nova web
vegaoficial.com
Para máis información e detalles, convidámosvos a dar un paseo pola nova web de Vega, recén estreada e navegable en castelán, catalán, éuscaro, galego e inglés. Pensada especialmente para os seus seguidores, non lle falta un detalle para coñecer o máis importante arredor de Vega e os seus proxectos. Inclúe ademais unha sala de prensa que reúne todas as notas publicadas ata a data.
|
|
|
|
Contacto · Sala de prensa en vegaoficial.com
|
|
|
|
Vega nas redes
|